Descargar un xogo, unha aplicación ou outro elemento
Descargue xogos, aplicacións ou vídeos gratuítos ou compre máis contidos para o
seu teléfono. No Nokia Bazar, pode atopar contidos deseñados especificamente para
o seu teléfono.
1 Seleccione >
Bazar
e, a continuación, inicie sesión na súa conta de Nokia.
2 Seleccione o elemento.
3 Se o elemento ten un prezo, seleccione
Buy
. Se o elemento é gratuíto, seleccione
Download
.
4 Pode pagar cunha tarxeta de crédito ou, se está dispoñible, na súa factura do
teléfono.
Para gardar os detalles da tarxeta na súa conta de Nokia, seleccione
Add
.
5 Seleccione
Pay
.
6 Para confirmar, escriba o nome de usuario e o contrasinal da súa conta de Nokia
e, a continuación, seleccione
Continue
para comezar a descarga.
Unha vez finalizada a descarga, pode abrir ou ver o elemento. Pode continuar á busca
de máis contido mentres está a descargar.
O tipo de contido determina onde se garda o elemento no seu teléfono. Para cambiar
a situación predeterminada, seleccione >
Installation preferences
e onde desexa
gardar os elementos.
Consello: Utilice unha conexión de rede Wi-Fi para descargar ficheiros máis grandes,
como xogos, aplicacións ou vídeos.
Consello: Para evitar escribir a información da tarxeta de pago repetidamente ao
comprar elementos de Nokia Bazar, garde os detalles na súa conta de Nokia. Pode
engadir máis dunha tarxeta de pago e seleccionar cal delas desexa utilizar para
comprar.
A dispoñibilidade dos métodos de pago depende do seu país de residencia e do seu
fornecedor de servizos de rede.
Para obter máis información acerca dun elemento, póñase en contacto co anunciante
do elemento.