Acerca de Nokia Bazar
Seleccione >
Bazar
e, a continuación, inicie sesión na súa conta de Nokia.
52
Personalización e Nokia Bazar
Sabía que pode personalizar o seu teléfono con máis aplicacións? Ou que tamén pode
descargar xogos de xeito gratuíto? Navegue por Nokia Bazar para atopar os contidos
máis recentes deseñados especificamente para o seu teléfono.
Pode descargar:
•
Xogos
•
Aplicacións
•
Vídeos
•
Temas e fondos
•
Tons de chamada
Tamén pode obter contidos correspondentes cos seus gustos e situación.
Para descargar máis contidos de Nokia Bazar, cómpre dispoñer dunha conta de Nokia.
Cando inicie sesión, ofreceránselle contidos compatibles co seu teléfono.
Pode buscar e descargar contidos directamente no seu teléfono ou navegar por Nokia
Bazar no seu ordenador compatible e enviar ligazóns a contidos ao seu teléfono en
forma de mensaxes de texto.
Algúns dos elementos son gratuítos; outros cómpre mercalos coa tarxeta de crédito
ou a través da factura telefónica.
A dispoñibilidade dos métodos de pago depende do seu país de residencia e do seu
fornecedor de servizos de rede.
Para obter máis información verbo de Nokia Bazar, consulte a páxina www.nokia.com/
support.