Acerca do transmisor de FM
Seleccione >
Repr. v. rad.
.
Pode reproducir música almacenada no seu teléfono a través de calquera receptor
de radio FM compatible como unha radio de coche ou unha cadea de música estéreo.
A distancia de funcionamento do transmisor de FM é de aproximadamente 2 metros.
Os obstáculos, como paredes, outros dispositivos electrónicos ou emisoras de radio
públicas poden provocar interferencias na transmisión. A banda de frecuencia que
utiliza o transmisor FM varía en función da rexión.
É posible que o transmisor FM provoque interferencias en radios FM próximas que se
atopen na mesma frecuencia. Para evitar que se produzan interferencias, busque
sempre unha frecuencia de FM libre na radio receptora antes de activar o transmisor
de FM.
O transmisor de FM non se pode utilizar ao mesmo tempo que a radio FM do teléfono.
Nota: É posible que a utilización do transmisor de FM estea restrinxida nalgúns
países. Para obter máis información, póñase en contacto coas súas autoridades locais
e viste a páxina web www.nokia.com/fmtransmitter.