Nokia 808 PureView - Pagar co teléfono

background image

Pagar co teléfono
Esqueceu a carteira ou o moedeiro na casa? Non é un problema xa que pode pagar

co teléfono ou utilizalo como un billete, se o provedor do servizo de rede o admite.

Para obter información acerca dos servizos dispoñibles na súa zona, póñase en

contacto co provedor do servizo de rede. Precisa unha SIM compatible con NFC. Os

servizos están vinculados á SIM.

Introdución

1 Para activar o servizo, póñase en contacto co provedor do servizo de rede.
2 Seleccione >

Axustes

.

3 Seleccione

Conectividade

>

NFC

>

Tarxetas

>

Activadas

.

Axustar o teléfono para que lle pregunte antes de permitir transaccións coa tarxeta
Seleccione

Preg. antes de usar tarxetas

>

Si

.

Nota: Se este axuste está desactivado, o teléfono non solicitará confirmación

antes de permitir as transaccións das tarxetas, nin sequera cando o teléfono ou as

teclas e a pantalla estean bloqueados.

Pagar co teléfono

1 Toque o lector coa área NFC do teléfono.
2 Para permitir a transacción coa tarxeta, seleccione

Si

. Despois da confirmación,

ten pouco tempo para pagar.

3 Volva tocar o lector. É posible que o provedor do servizo solicítelle que confirme

o pago.

Para poder utilizar os servizos de pago mediante Near Field Communication (NFC) ou

de compra de entradas compatibles do seu provedor do servizo con este teléfono

cómpre dispoñer dunha subscrición de servizo co seu provedor do servizo e ter

instalada a aplicación do seu provedor do servizo. As aplicacións e servizos de pago

e compra de entradas están fornecidos por terceiras partes. Nokia non fornece

ningunha garantía nin asume ningunha responsabilidade respecto a ningunha das

devanditas aplicacións e servizos, incluíndo a asistencia ao usuario final, a

funcionalidade nin ningunha transacción monetaria ou perda de valor monetario.

88

Lecer

background image

Realice unha copia de seguridade do seu teléfono e póñase en contacto co su

provedor do servizo antes de levar o seu teléfono a reparar ou para efectuar tarefas

de mantemento para garantir a dispoñibilidade dos servizos de pago ou compra de

entradas despois das tarefas de reparación ou mantemento. É posible que precise

volver instalar a aplicación de pago e compra de entradas de terceiros despois das

tarefas de reparación ou mantemento. Se ten algunha pregunta acerca das

aplicacións e servizos de pago ou compra de entradas, póñase en contacto co seu

provedor do servizo.