Conectar ao sistema de cine en casa
Goce de vídeos de alta definición con son Dolby Digital Plus 5.1 multicanle para obter
unha experiencia de son envolvente.
1 Conecte o teléfono ao sistema de cine en casa compatible cun cable de conector
micro HDMI
™
(dispoñible por separado).
O sistema de cine en casa debe admitir o estándar HDMI 1.4 e poder pasar vídeo
ao televisor a través de HDMI.
2 Configure o sistema de cine en casa para que utilice a entrada de HDMI
correspondente. Para obter máis información, consulte a guía do usuario do
sistema de cine en casa.
O teléfono convértese nun mando a distancia.
3 Seleccione
Vídeos
e despois un vídeo.
A resolución de vídeo máxima admitida é de 1080p e o teléfono non admite ficheiros
de tamaño superior a 4 GB.
Exemplo: Un vídeo MP4 ou MKV que teña as seguintes propiedades:
•
Vídeo: AVC 1916 kbps, 24 fps, High Profile Level 3.1, 3 marcos ref.
•
Son: Dolby Digital Plus E-AC-3, 384 kbps, 6 canles