Inserir unha tarxeta de memoria
As tarxetas de memoria están dispoñibles por separado.
Utilice unicamente tarxetas microSD e microSDHC compatibles autorizadas por Nokia
para utilizar co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Introdución
9
1 Asegúrese de que o teléfono estea apagado.
2 Coloque a uña do dedo no oco situado no bordo inferior da tapa posterior e, a
continuación, levante e extraia con coidado a tapa.
3 Se a batería está inserida no teléfono, retírea.
4 Deslice o soporte da tarxeta de memoria para desbloqueala. Utilice a uña para
levantar o soporte da tarxeta de memoria.
5 Asegúrese de que a zona de contacto se atope orientada cara a abaixo, insira a
tarxeta de memoria no soporte e baixe o soporte.
As tarxetas de memoria están dispoñibles por separado. Para vídeos Full HD
(1080p), recoméndase unha tarxeta de memoria de Clase 6.
10
Introdución
6 Deslice o soporte da tarxeta de memoria para bloqueala.
7 Aliñe os contactos da batería, insíraa e, a continuación, volva colocar a tapa
posterior.
Extraer a tarxeta de memoria
1 Apague o teléfono.
2 Quite a tapa posterior.
3 Se a batería está inserida no teléfono, retírea.
4 Abra o soporte da tarxeta de memoria e, a continuación, extraia a tarxeta de
memoria.