Inserir a tarxeta SIM
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM mini-UICC, tamén coñecida como tarxeta micro-SIM. Unha tarxeta micro-SIM é
máis pequena que a tarxeta SIM estándar. O uso de tarxetas SIM non compatibles
pode producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na
tarxeta.
Non utilice tarxetas SIM que estean modificadas para axustarse ao soporte da micro-
SIM. Para substituír unha tarxeta SIM estándar por unha tarxeta micro-SIM, póñase
en contacto co seu provedor do servizo.
Non pegue adhesivos na SIM.
1 Asegúrese de que o teléfono estea apagado.
2 Coloque a uña no oco situado no bordo inferior da tapa posterior e levante e
extraia con coidado a tapa.
3 Se a batería está inserida no teléfono, retírea.
4 Deslice o soporte da SIM para desbloqueala. Utilice a uña para levantar o soporte
da SIM.
8
Introdución
5 Asegúrese de que a zona de contacto se atope orientada cara a abaixo, insira a
SIM no soporte e baixe o soporte.
6 Deslice o soporte da SIM para bloqueala.
7 Aliñe os contactos da batería, insíraa e volva colocar a tapa posterior.
Extraer a SIM
1 Apague o teléfono.
2 Quite a tapa posterior.
3 Se a batería está inserida no teléfono, retírea.
4 Abra o soporte da SIM e extraia a tarxeta de memoria.