Nokia 808 PureView - Información sobre a batería e o cargador

background image

Información sobre a batería e o cargador
O seu dispositivo está deseñado para utilizarse cunha batería recargable BV-4D . Nokia pode fabricar modelos de batería

adicionais para este dispositivo. Utilice sempre baterías orixinais de Nokia.

O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-50 . O número exacto do modelo do cargador de

Nokia pode variar dependendo do tipo de enchufe, identificado mediante as letras E, X, AR, U, A, C, K, B ou N.

Ademais, os cargadores fabricados por terceiros que cumpren co estándar IEC/EN 62684 e que se poden conectar ao

conectador micro USB do dispositivo poden ser compatibles.

A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo

de espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa.