
Verbo da cámara
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
Por que transportar unha cámara por separado se o seu teléfono ten todo o que
necesita para capturar recordos e moito máis? Coa cámara do teléfono, pode tomar
fotos e vídeos de validade superior en tamaños de ficheiro que pode compartir cos
amigos.
Cámara e fotos
33

A cámara traseira do teléfono usa a tecnoloxía revolucionaria de imaxe PureView Pro.
PureView Pro de Nokia combina un sensor de resolución extremadamente alta co gran
rendemento da óptica Carl Zeiss™. Xuntos proporcionan un rendemento sen
precedentes con pouca luz e unha calidade de foto e vídeo superior en tamaños de
ficheiro compactos para compartir. Con PureView Pro, tamén pode facer zoom e
recortar as fotos dun xeito completamente novo. A cámara dispón de tres modos de
disparo e unha variedade de axustes para adaptalos a cada estado de ánimo.
Tamén pode utilizar o teléfono para ver ou editar fotos e vídeos, compartilos na
Internet ou envialos a dispositivos compatibles.
Consello: Pode tomar fotos mesmo cando a pantalla e as teclas do teléfono están
bloqueadas. Prema a tecla de cámara durante 1 segundo para tomar a foto sobre a
marcha.