Tomar unha foto
1 Para bloquear o enfoque nun obxecto, prema ata a metade a tecla de cámara (non
dispoñible nos modos de paisaxe ou de deportes). Amósase un indicador verde
de enfoque bloqueado. Se non se bloquea o enfoque, amosarase un indicador
vermello de enfoque. Solte a tecla de cámara, asegúrese de que o obxecto estea
dentro dos corchetes e prema a tecla da cámara ata a metade para bloquear o
enfoque. Tamén pode tomar unha foto sen bloquear o enfoque.
2 Prema a tecla de cámara totalmente. Non mova o teléfono antes de que se garde
a foto e a cámara estea preparada para unha nova foto.
As fotos gárdanse na Galería.
Ver o rolo da cámara
O rolo da cámara amosa as fotos que tomou recentemente. Para abrir a o rolo da
cámara, seleccione . Para ver a foto ou o vídeo anterior, pase o dedo cara á dereita.
Pechar a cámara
Prema brevemente a tecla Fin.