Nokia 808 PureView - Consellos sobre as fotos

background image

Consellos sobre as fotos
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.

Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.

Se non usa a cámara durante un minuto, pasa ao modo de repouso. Para activar

a cámara, prema brevemente a tecla da cámara.

Para obter as mellores fotos do xeito que prefira, elixa un; a cámara ofrécelle tres

modos de disparo diferentes:

Se prefire que a cámara decida cales son os mellores axustes, use o modo

Automático. O único que ten que facer é apuntar e disparar.

Cámara e fotos

35

background image

O modo Escenas ofrécelle algunhas escenas predefinidas para distintas

situacións.

Exemplo: Modo paisaxe: para enfocar escenarios distantes. Modo 1º plano: cando

tome fotos de pequenos detalles. Modo de neve: para contornos moi brancos.

Modo de luz de foco: en concertos onde o artista se atopa baixo focos de luz,

fronte a un fondo escuro.

O modo Creativo permítelle definir os axustes da cámara e gardar diferentes

perfís de axustes para usalos posteriormente.

Para cambiar o modo de disparo, seleccione . Se fora necesario, toque o lado

dereito da pantalla para saír dos axustes.

Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para

tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash

durante a toma de fotos.