Gravar un vídeo
Ademais de tomar fotos co teléfono, tamén pode capturar momentos especiais en
vídeo.
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
1 Para pasar do modo de foto ao de vídeo, se é necesario, seleccione .
2 Para iniciar a gravación, prema a tecla da cámara.
3 Para ampliar, coloque un dedo na pantalla e arrástreo cara a arriba. Cando o marco
inclúa a área que desexa ampliar, levante o dedo. Para reducir un pouco, coloque
un dedo na pantalla e arrástreo cara a abaixo. Para reducir totalmente, arrastre
o dedo ata pasar o bordo inferior da pantalla.
Tamén pode usar as teclas de volume para ampliar ou reducir; pode que con este
método lle resulte máis doado cambiar o nivel e zoom.
4 Para deter a gravación, prema a tecla da cámara.
Os vídeos gárdanse na Galería. Para ver rapidamente o vídeo gravado, seleccione >
. Para ver a foto ou o vídeo anterior, pase o dedo cara á dereita.
Consello: Pode enviar o vídeo nunha mensaxe multimedia ou de correo. Para limitar
o tamaño do vídeo que vai enviar, antes de gravar seleccione >
Creativo
>
Resolución
e seleccione un tamaño máis pequeno, como
360p
.
Cámara e fotos
37