Gardar información de situación das fotos e vídeos
Quere saber onde estaba exactamente cando tomou unha determinada foto ou
vídeo? Ou prefire non incluír esta información nas fotos ou vídeos? Cambie os axustes
de gravación de situación no teléfono.
Activar ou desactivar a gravación de situación
1 Seleccione >
Axustes
e
Privacidade
.
2 Cambie
Gardar info. situa. na Cámara
a
Si
ou
Non
.
A información de situación pode achegarse a unha foto ou a un vídeo se a súa situación
se pode determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha foto ou un vídeo
que conteña información de situación, esta información poderá estar visible para
outras persoas que visualicen a foto ou o vídeo. Pode desactivar o xeoetiquetado nos
axustes da cámara.
É posible que se tarden varios minutos en obter as coordenadas da súa localización.
A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa
localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais,
polas condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo
goberno dos Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles
no interior de edificios ou en pasos subterráneos.
38
Cámara e fotos
Non utilice o GPS para a medición dunha situación precisa e non debe depender só
dos datos de situación fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.