Ver fotos e vídeos nun televisor
Pode ver fotos e vídeos nun televisor compatible, o que fai máis sinxelo amosalos á
familia e os amigos.
Se o televisor admite HDMI, pode utilizar un cable cun conector micro HDMI
compatible (dispoñible por separado) para conectar o teléfono ao televisor HD.
Ver fotos e vídeos nun televisor HD
Conectar o teléfono ao televisor
Conecte o cable do conector micro HDMI ao conector micro HDMI do teléfono.
Conecte o outro extremo do cable ao conector HDMI do televisor.
44
Cámara e fotos
Se na pantalla do televisor non se ve nada, comprobe que estea a usar a entrada HDMI
do televisor correcta.
Desprazarse pola pantalla do televisor
Seleccione as iconas de frechas da pantalla do teléfono. Para seleccionar algo,
seleccione a icona
Aceptar
.
Ver unha foto ou reproducir un vídeo
Seleccione
Vídeos
ou
Fotos
, desprácese ata a foto ou o vídeo e, a continuación,
seleccione
Aceptar
.
Ir á foto anterior ou seguinte
Seleccione a frecha orientada cara á esquerda ou cara á dereita.
Xirar a foto seleccionada
Seleccione a frecha orientada cara a arriba ou cara a abaixo.
Iniciar unha presentación de fotos
Cando estea a ver unha foto, seleccione
Aceptar
.
Pór en pausa ou retomar un vídeo
Seleccione
Aceptar
.
Rebobinar ou avanzar rápido un vídeo
Seleccione a frecha orientada cara á esquerda ou cara á dereita.
Ver fotos e vídeos nun televisor de definición estándar
Necesitará utilizar un cable de conectividade de vídeo Nokia (dispoñible por
separado), e é posible que teña que cambiar a relación de aspecto e os axustes de
saída de televisión.
Para cambiar os axustes de saída de televisión, seleccione >
Axustes
e
Teléfono
>
Accesorios
>
Saída de TV
.
1 Conecte un cable de conectividade de vídeo Nokia á entrada de vídeo dun
televisor compatible. A cor das conexións ten que coincidir coa cor das tomas.
Cámara e fotos
45
2 Conecte o outro extremo do cable de conectividade de vídeo Nokia ao conectador
de AV de Nokia do teléfono.
Se na pantalla do televisor non se ve nada, comprobe que ten seleccionada a
entrada correcta no televisor.
3 Seleccione a foto ou o vídeo no teléfono.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de saída, xa que poderían producirse
danos no dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión ao conector AV de
Nokia. Se conecta un dispositivo externo ou uns auriculares distintos dos autorizados
por Nokia para utilizalos con este dispositivo ao conector AV de Nokia, preste atención
especial ao nivel do volume.